LAVADOIRO NO VAL DE ESMELLE
[FERROL]
Estrutura de planta cuadrangular con pedra de lavar corrida nun dos laterais. Anexa, levántase a Fonte de Evarista, de onde se nutre de auga o lavadoiro. Ambas edificacións, afundidas en relación ao nivel da estrada que discorre en paralelo, están pegadas a un muro feito en cachotería, o mesmo material pétreo empregado en todo o conxunto.
Os lavadoiros son construcións comunitarias que aproveitan as correntes de auga ou as fontes para ofrecer un servizo que ata ben empezado o século XIX se soía facer directamente dentro ou na beira dos ríos. Lavar a roupa era un traballo moi duro do que se ocupaban as mulleres, algunhas das cales traballaban como lavandeiras, polo que estes espazos considerábanse exclusivamente femininos e, polo tanto, punto de encontro social. Estas construcións popularizáronse tanto no rural, como nas cidades e vilas por motivos de hixiene e a súa edificación extendeuse ata a segunda metade do século XX, cando a auga corrente foi progresivamente chegando á maioría das vivendas. As lavandeiras recollían a roupa nas casas os días que tiñan acordados, ían a lavala ao río ou ao lavadoiro, poñíana a clareo na herba e cando a entregaban limpa, soíanse ocupar de recoller os restos de comida acumulados nas cociñas das casas, que posteriormente servían de alimento aos animais.