![](https://freight.cargo.site/t/original/i/c328ebe5535c0dc295f5a040c319a6c9a558a37e557e28eea85dba307388daa8/20.jpg)
LAVADOIRO DE CONLES
[CORISTANCO]
Estrutura rectangular restaurada no 2016 polos veciños de Santa María de Traba. Situado á beira dunha estrada e resgardado á sombra das árbores, este lavadoiro presenta unha pedra de lavar corrida por un dos laterais máis longos, o que permitiría traballar, no seu día, a varias mulleres ao mesmo tempo. Nun dos lados máis estreitos desemboca a canle pola que discorre a corrente de auga.
Os lavadoiros son construcións comunitarias que aproveitan as correntes de auga ou as fontes para ofrecer un servizo que ata ben empezado o século XIX se soía facer directamente dentro ou na beira dos ríos. Lavar a roupa era un traballo moi duro do que se ocupaban as mulleres, algunhas das cales traballaban como lavandeiras, polo que estes espazos considerábanse exclusivamente femininos e, polo tanto, punto de encontro social. Estas construcións popularizáronse tanto no rural, como nas cidades e vilas por motivos de hixiene e a súa edificación extendeuse ata a segunda metade do século XX, cando a auga corrente foi progresivamente chegando á maioría das vivendas. As lavandeiras recollían a roupa nas casas os días que tiñan acordados, ían a lavala ao río ou ao lavadoiro, poñíana a clareo na herba e cando a entregaban limpa, soíanse ocupar de recoller os restos de comida acumulados nas cociñas das casas, que posteriormente servían de alimento aos animais.