01 CARLOS QUINTÁNS
02 DAVID GARCÍA–LOUZAO
03 ELISA GALLEGO
04 CRISTINA ANSEDE
05 BEGOÑA BAS
︎︎︎
A alta densidade do patrimonio arquitectónico etnográfico construído nos bordos e nas mesmas e casi innumerables correntes fluviais da provincia da Coruña, serve como punto de partida para reflexionar sobre a súa adaptación á contorna, a súa transformación formal e funcional, o seu abandono e, en moitos dos casos, a súa desaparición favorecida por unha natureza implacable. O seu impacto no territorio no que se ubica, tanto desde o punto de vista arquitectónico, como de intervención, modelación e impacto na paisaxe é analizado nestes análises.
A través destas conversas, que forman parte do proxecto No curso da auga, desenvolvido en colaboración coa Deputación da Coruña, arquitectos e expertos en etnografía afondan nas distintas tipoloxías do patrimonio arquitectónico etnográfico que se atopan vinculadas aos regatos e ríos coruñeses, xogando un papel decisorio na definición do territorio e o modo no que estas interactúan coa paisaxe.
A través destas conversas, que forman parte do proxecto No curso da auga, desenvolvido en colaboración coa Deputación da Coruña, arquitectos e expertos en etnografía afondan nas distintas tipoloxías do patrimonio arquitectónico etnográfico que se atopan vinculadas aos regatos e ríos coruñeses, xogando un papel decisorio na definición do territorio e o modo no que estas interactúan coa paisaxe.
01.
CARLOS QUINTÁNS
CONSTRUIR CON, PARA, EN... EL AGUA DULCE
Arquitecto e docente na Escola de Arquitectura da Coruña, no departamento de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Quintáns obtivo múltiples galardóns ao longo da súa carreira profesional, entre eles o León de Ouro da Bienal de Arquitectura de Venecia 2016, o Premio COAG ou o Premio FAD, na categoría de Arquitectura. Así mesmo, ten colaborado e codirixido publicacións coma Tectónica, Tectónicablog, Arquitecturaymadera ou Obradoiro, ao tempo que participa en varias mostras colectivas.
02.
DAVID GARCÍA-LOUZAO
UN RECORRIDO POR LOS CAUCES DE AGUA A TRAVÉS DE SU TERRITORIO CONSTRUIDO
Arquitecto e investigador, García-Louzao colabora como docente en relación a estratexias de innovación e formación no ámbito da difusión da ensinaza arquitectónica. A día de hoxe, está en fase de investigación doutoral na Universidade Politécnica de Madrid abordando as arquitecturas que se aproveitan das características orográficas da costa galega para fins industriais e produtivos.
03.
ELISA GALLEGO
SOBRE LA INVESTIGACIÓN ARQUITECTURA DEL AGUA
Doutora en Arquitectura coa tese internacional Lectura dun territorio atlántico, Galicia pola ETSAM e máster en fotografía pola School of Visual Arts de Nova York. Investiga estratexias territoriais para construir os termos da relación que existen coa comunidade a través da mistura de lenguaxes e disciplinas. Ten participado como docente en numerosos obradoiros e publicado a nivel internacional sobre arquitectura, fotografía e desenvolvemento do territorio. É socio-colaboradora do estudio de arquitectura de Manuel Gallego Jorreto na Coruña.
04.
CRISTINA ANSEDE
A CIDADE INTUÍDA
Arquitecta e socia fundadora do estudio Ansede Quintáns, con sede en Vigo e Santiago de Compostela, Cristina Ansede está especializada na rehabilitación e na rexeneración urbana, así como na realización de obra nova. Implicada en proxectos privados e públicos, destacan o galardoado co Premio Cidades Patrimonio da Humanidade á obra do Parque de San Fructuoso (Santiago); o edificio de oficinas Exlabesa (Valga), meritorio do Premio Gran de Area do COAG ou o proxecto de Restauración do Convento de Santo Antón de Herbón (Padrón). Asimesmo, publica en cabeceiras especializadas e en prensa xeneralista, ademáis de participar como conferenciante en cursos e xornadas de distintas universidades.
05.
BEGOÑA BAS
ETNOGRAFÍA E RÍOS
Doutora en Xeografía, a historiadora Begoña Bas desenvolve a súa traxectoria profesional compaxinando a labor docente no Departamento de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña coa súa faceta como investigadora no ámbito da etnografía. Neste último destacan as súas publicacións sobre construcións como os hórreos, muíños, petos de ánimas e outras edificacións populares polas que foi recoñecida con galardóns como o Premio de Etnografía Vicente Risco, o Premio da Crítica de Galicia ou o Premio Domingo Fernández del Riego. Asimesmo, colabora con cabeceiras como Brigantium, Verba ou Gallaecia.