RECURSOS EN LIÑA PARA O COÑECEMENTO E DIFUSIÓN DA ARQUITECTURA FLUVIAL ETNOGRÁFICA NA PROVINCIA DA CORUÑA



Info.


O proxecto No curso da auga debate sobre o potencial do patrimonio arquitectónico etnográfico no bordo e no leito dos regatos e ríos da provincia da Coruña. Para tal fin, preséntase un inventario xeral de bens, no que se recollen ao redor de dous mil inmobles, do que, debido a súa alta densidade, destácase unha escolma presentada mediante fotografías e imaxes en movemento, acompañadas dun pequeno análise, así como da reacreación de composicións en 3D que contribúen a comprender a súa estrutura e a súa adecuación á contorna.

O obxectivo de resaltar esta selección de inmobles é facer fincapé na súa singularidade; no seu valor etnográfico e arquitectónico e na importancia da súa conservación e difusión, contribuíndo a evitar o seu deterioro ou a súa total desaparición. A toma de imaxes cun vehículo aéreo non tripulado pretende reforzar de xeito visual, cunha estética moi coidada, a idea principal do proxecto, é dicir, afondar no análise das arquitecturas etnográficas clasificadas en distintas tipoloxías (muíños e batáns, pesqueiras, fontes e lavadoiros) que se sitúan no ámbito de influencia das innumerables correntes fluviais, en como se adaptan ao territorio, condicionado polo discorrer da auga, ao tempo que se ofrece unha perspectiva novedosa para difundir o patrimonio neste tipo de iniciativas culturais.


Fotografías ︎︎︎ David García-Louzao















DESEÑO E CONCEPTO VISUAL: NOVAGARDA





︎︎︎

Dende o proxecto No curso da auga quere ofrecerse aos máis pequenos, ás familias e aos docentes de distintos ámbitos da educación a posibilidade de achegarse ao patrimonio arquitectónico etnográfio dos ríos e regatos coruñeses dun xeito ameno e comprensible, que esperte entre a población infantil, en idades que comprenden a Educación Primaria, dos 6 aos 12 anos, o interese polo patrimonio que os rodea e os oficios vinculados a el. Nesta ocasión, o material preséntase en arquivos PDF descargables para facilitar a manipulación, interacción e impresión, favorecendo chegar ao maior número de nenos, independientemente da súa ubicación ou das posibilidades que teñan de desprazamento aos bens ou paisaxes analizados, facendo fincapé na inclusión social.

As dúas propostas plantexadas como material didáctico fan referencia a unha profesión, a de lavandeira, e aos conxuntos etnográficos que conforman as pesqueiras:

LAVANDEIRAS – O oficio de lavandeira foi desenvolvido por mulleres, que realizaban esta dura tarefa, primeiro nos ríos e desde o século XIX nos lavadoiros públicos que se foron construíndo nas cidades, vilas e zonas rurais ata que a auga corrente foi un ben accesible en todas as vivendas.

PESQUEIRAS – A pesca dun peixe tan aprezado dende fai séculos como é a lamprea require dunhas infraestruturas que hoxe en día aínda se siguen empregando en ríos como o Ulla ou o Tambre. Coñecer o funcionamento das pesqueiras e da importancia que teñen para as comunidades que as xestionan achegará aos rapaces a estas singulares arquitecturas.