MUÍÑOS NO RÍO SARELA [1]
[O CASAL/ROIS]
Os muíños proliferan polos regatos e ríos galegos, xa que constituían un recurso moi importante para as economías locais. Neles moíanse diversos tipos de cerais que se empregaban para a alimentación humana e a animal. Eran tamén un lugar de ocio para os veciños, que se poñían ao día das novas, ademáis de cantar estrofas con tramas que se desenvolvían nestes inmobles e na súa contorna. Hoxe en día, moitos destes inmobles están en estado ruinoso, na maioría absorbidos pola natureza. Son excepción algúns conxuntos restaurados ou rehabilitados como museos, vivendas ou establecementos hosteleiros.
O estado ruinoso deste inmoble, de planta rectangular, permite que vexamos o seu interior, cuberto pola vexetación, onde se observa unha moa de granito. A cuberta, posiblemente a dúas augas, rematábase con tellas das que aínda se ven algunhas mostras.