MUÍÑO DAS TORRES
[PORTO DE CEREIXO/VIMIANZO]
Construído en 1674, este muíño de mareas está considerado como o terceiro máis antigo de Galicia. Situado na confluencia dos ríos Grande do Porto, Cereixo e Carnés, este inmoble empregaba a auga do río, así como a oscilación das mareas para moer millo e trigo, grazas ás tres moas que tiña. Este edificio, actualmente rehabilitado como vivenda privada, presenta planta rectangular, dúas alturas, muros que combinan a fábrica de cantería coa de cachotería e cuberta a dúas augas rematada con tella. A planta inferior reservábase para a presa da auga.
Os muíños proliferan polos regatos e ríos galegos, xa que constituían un recurso moi importante para as economías locais. Neles moíanse diversos tipos de cerais que se empregaban para a alimentación humana e a animal. Eran tamén un lugar de ocio para os veciños, que se poñían ao día das novas, ademáis de cantar estrofas con tramas que se desenvolvían nestes inmobles e na súa contorna. Hoxe en día, moitos destes inmobles están en estado ruinoso, na maioría absorbidos pola natureza. Son excepción algúns conxuntos restaurados ou rehabilitados como museos, vivendas ou establecementos hosteleiros.