MUÍÑOS NO RÍO SARELA [2]
[O CASAL/ROIS]
Os muíños proliferan polos regatos e ríos galegos, xa que constituían un recurso moi importante para as economías locais. Neles moíanse diversos tipos de cerais que se empregaban para a alimentación humana e a animal. Eran tamén un lugar de ocio para os veciños, que se poñían ao día das novas, ademáis de cantar estrofas con tramas que se desenvolvían nestes inmobles e na súa contorna. Hoxe en día, moitos destes inmobles están en estado ruinoso, na maioría absorbidos pola natureza. Son excepción algúns conxuntos restaurados ou rehabilitados como museos, vivendas ou establecementos hosteleiros.
Este inmoble presenta planta rectangular con cuberta a dúas augas rematada con tellas. Na imaxe obsérvase a canle que conduce a auga dende o río Sarela ata o muíño.