MUÍÑOS EN BREIRO
[BOIRO]
Conxunto de tres muíños de planta rectangular, realizados en muros de cachotería, conectados pola canle que conduce a auga cara o seu interior. Dous deles carecen de cuberta e nun obsérvase a moa feita en granito. O que está completo, presenta cuberta a dúas augas rematada con tellas. A maleza está a invadir e cubrir os inmobles.
Os muíños proliferan polos regatos e ríos galegos, xa que constituían un recurso moi importante para as economías locais. Neles moíanse diversos tipos de cerais que se empregaban para a alimentación humana e a animal. Eran tamén un lugar de ocio para os veciños, que se poñían ao día das novas, ademáis de cantar estrofas con tramas que se desenvolvían nestes inmobles e na súa contorna. Hoxe en día, moitos destes inmobles están en estado ruinoso, na maioría absorbidos pola natureza. Son excepción algúns conxuntos restaurados ou rehabilitados como museos, vivendas ou establecementos hosteleiros.