MUÍÑO DO XUEZO
[VILASANTAR]
Este muíño, situado no bordo da corrente, presenta unha planta rectangular e muros feitos en cachotería. Carece de cuberta, o que permite observar no interior a moa. A imaxe aérea permítenos seguir o percorrido da canle que leva a auga ata o inmoble. A maleza cubre gran parte da edificación.
Os muíños proliferan polos regatos e ríos galegos, xa que constituían un recurso moi importante para as economías locais. Neles moíanse diversos tipos de cerais que se empregaban para a alimentación humana e a animal. Eran tamén un lugar de ocio para os veciños, que se poñían ao día das novas, ademáis de cantar estrofas con tramas que se desenvolvían nestes inmobles e na súa contorna. Hoxe en día, moitos destes inmobles están en estado ruinoso, na maioría absorbidos pola natureza. Son excepción algúns conxuntos restaurados ou rehabilitados como museos, vivendas ou establecementos hosteleiros.