FONTE-LAVADOIRO DOS ÁNXELES
[BETANZOS]
Conxunto etnográfico formado por unha fonte e un lavadoiro situados no bordo do río Mandeo. Para chegar ao mesmo hai que descender por unha escaleira desde a Rúa dos Ánxeles. O lavadoiro presenta unha planta cuadrangular e pedras de lavar corridas en todos os lados, o que facilitaría o traballo de varias mulleres ao mesmo tempo. A fonte de dous canos presenta unha estrutura rematada nun frontón no que se le en relevo1834, data de construción, aínda que xa aparece documentación relativa a ela a comezo do século XVII. Na fronte obsérvanse os escudos da cidade e de Pedro de Ben, arcediano sepultado na betanceira Igrexa de Santiago.
Os lavadoiros son construcións comunitarias que aproveitan as correntes de auga ou as fontes para ofrecer un servizo que ata ben empezado o século XIX se soía facer directamente dentro ou na beira dos ríos. Lavar a roupa era un traballo moi duro do que se ocupaban as mulleres, algunhas das cales traballaban como lavandeiras, polo que estes espazos considerábanse exclusivamente femininos e, polo tanto, punto de encontro social. Estas construcións popularizáronse tanto no rural, como nas cidades e vilas por motivos de hixiene e a súa edificación extendeuse ata a segunda metade do século XX, cando a auga corrente foi progresivamente chegando á maioría das vivendas. As lavandeiras recollían a roupa nas casas os días que tiñan acordados, ían a lavala ao río ou ao lavadoiro, poñíana a clareo na herba e cando a entregaban limpa, soíanse ocupar de recoller os restos de comida acumulados nas cociñas das casas, que posteriormente servían de alimento aos animais.