RECURSOS EN LIÑA PARA O COÑECEMENTO E DIFUSIÓN DA ARQUITECTURA FLUVIAL ETNOGRÁFICA NA PROVINCIA DA CORUÑA



Info.


O proxecto No curso da auga debate sobre o potencial do patrimonio arquitectónico etnográfico no bordo e no leito dos regatos e ríos da provincia da Coruña. Para tal fin, preséntase un inventario xeral de bens, no que se recollen ao redor de dous mil inmobles, do que, debido a súa alta densidade, destácase unha escolma presentada mediante fotografías e imaxes en movemento, acompañadas dun pequeno análise, así como da reacreación de composicións en 3D que contribúen a comprender a súa estrutura e a súa adecuación á contorna.

O obxectivo de resaltar esta selección de inmobles é facer fincapé na súa singularidade; no seu valor etnográfico e arquitectónico e na importancia da súa conservación e difusión, contribuíndo a evitar o seu deterioro ou a súa total desaparición. A toma de imaxes cun vehículo aéreo non tripulado pretende reforzar de xeito visual, cunha estética moi coidada, a idea principal do proxecto, é dicir, afondar no análise das arquitecturas etnográficas clasificadas en distintas tipoloxías (muíños e batáns, pesqueiras, fontes e lavadoiros) que se sitúan no ámbito de influencia das innumerables correntes fluviais, en como se adaptan ao territorio, condicionado polo discorrer da auga, ao tempo que se ofrece unha perspectiva novedosa para difundir o patrimonio neste tipo de iniciativas culturais.


Fotografías ︎︎︎ David García-Louzao















DESEÑO E CONCEPTO VISUAL: NOVAGARDA










MUÍÑO NO MONTE PINDO [3]
[CARNOTA]

No Monte Pindo hai varias agrupacións de muíños de río e incluso algún individual, sumando medio cento en total, que aproveitan as correntes de distintos regatos que descenden pola ladeira. Moitos deles están en estado ruinoso permiten que se vexa o seu interior. Responden á tipoloxía de planta rectangular, con paramentos de cachotería e as cubertas, a unha ou dúas augas, alternan a tella coas laxes de granito. Este mismo material é o empregado para a construción das canles que conducen a auga ata o interior para poñer en funcionamiento a moa.

Os muíños proliferan polos regatos e ríos galegos, xa que constituían un recurso moi importante para as economías locais. Neles moíanse diversos tipos de cerais que se empregaban para a alimentación humana e a animal. Eran tamén un lugar de ocio para os veciños, que se poñían ao día das novas, ademáis de cantar estrofas con tramas que se desenvolvían nestes inmobles e na súa contorna. Hoxe en día, moitos destes inmobles están en estado ruinoso, na maioría absorbidos pola natureza. Son excepción algúns conxuntos restaurados ou rehabilitados como museos, vivendas ou establecementos hosteleiros.