2
REGO DOS MUÍÑOS
Invitámosvos a facer un plan no que disfrutaremos do mar, dos ríos, da arqueoloxía, da arquitectura tradicional e dunha paisaxe única cunha gran riqueza ornitolóxica. O Concello de Cabana de Bergantiños é a súa parroquia de San Xoán de Borneiro son o noso destino.
Este sendeiro, sinalizado en todo momento e de pouco máis de tres kilómetros de lonxitude, comeza á beira da Enseada do Ladeiro e ascenderá bordeando o Rego dos Muíños ou do Roncaduiro. Ao longo deste percorrido atoparémonos cun rico conxunto de arquitectura etnográfica formado por 24 muíños identificados por nomes como Muiño da Cancela, Muiño da Brañeira, Muiño Vello, Muiño de Generosa ou Muiño do Alcalde e Benito.
A explotación destes muíños supuxeron no pasado un importante recurso económico para esta comarca de Cabanas. Neles moeuse trigo e millo grazas á forza da auga, que vai conformando fervenzas no seu descenso. O ruído que producen serviu para bautizar ao regato no seu incesante roncar.
Mentras se esperaba que rematase a moenda, os veciños aproveitaban para contarse novidades e cantar cantigas populares ou contar contos que conforman unha grande riqueza etnográfica.
Ao remate do camiño chegaremos á Cidá de Borneiro, un dos castros máis antigos de Galicia, que estivo habitado entre os séculos VI a. C. e o I d. C. Durante a visita poderemos observar máis de 36 construcións de tipo doméstico que se expanden pola ladeira do monte. Estas están rodeadas por un foxo e dous muros defensivos. Desde aquí podemos contemplar unas vistas espectaculares da ría de Corme e Laxe, así como do río Anllóns.
Se non estades moi cansos, podedes alongar o roteiro ata os 16 kilómetros e visitar o Dolmen de Dombate. Valorado entre os arqueólogos e historiadores desde o século XIX, está considerado como a máxima expresión do megalitismo galego e hoxe en día pode disfrutarse da súa boa conservación. Recomendamos que fagades unha das visitas guiadas que se ofrece para comprender a complexidade desta construción, na que se considera que participaron polo menos 140 persoas entre o 3800 a. C. e o 3600 a. C.
Cunha estrutura formada por un túmulo de planta irregular que envolve unha cámara poligonal, nas últimas investigacións conclúese que se trata dunha superposición de monumentos megalíticos de tipo funerario, é dicir, que se aproveitou un mesmo espazo para a súa construción, o que supuxo o primeiro achádego destas características na Península Ibérica. No seu interior apareceron pinturas, petroglifos e pequenos ídolos.