1
ANTIGAS PESQUEIRAS DO RÍO ULLA

Neste roteiro duns cinco kilómetros, que se pode facer a pé sin dificultade dentro dos límites do Concello de Padrón, propoñemos un agradable paseo no que combinamos arte, arquitectura, natureza, gastronomía e artes de pesca tradicionais que se veñen desenvolvendo dende fai séculos.
Na parroquia de Santa María de Herbón érguese o Convento de San Antonio de Herbón, habitado por monxes da orde franciscana. Foi no século XIV cando se rexistra a súa fundación e ao longo da súa historia serviu de colexio para misioneiros ou como seminario menor. A pesar de sufrir os ataques das tropas francesas no século XIX, resistiu en pé e hoxe en día o visitante pode admirar no seu interior o claustro, a fonte de San Bieito e tallas de destacados escultores como Gambino ou Ferreiro.
Foron os monxes que habitaron neste inmoble quenes introduciron dende América os famosos pementos que hoxe degustamos e que contan con denominación de orixe protexida. Precisamente, na carballeira centenaria que se atopa no recinto conventual celébrase polo mes de agosto a Festa do Pemento de Herbón, declarada de interese turístico. Uns 3.000 kilos deste alimento son transportados ata o lugar de degustación en tractores engalanados para a ocasión, onde se friten e se sazonan con sal.
Esta carballeira está á beira do río Ulla, ao longo do cal se pode comezar un roteiro, frecuentado polos lampreeiros, que nos levará a coñecer diversas pesqueiras. Nun agradable paseo, irás deixando a un lado leiras onde se cultivan os famosos pementos, entre outros vexetais, e ao outro as ricas augas do río Ulla, onde os reos, as troitas ou as zamborcas son abundantes e moi buscadas polos pescadores.
O sendeiro levaranos ata algunas das antigas pesqueiras de Herbón e Carcaía-Lapido. Estas son unhas construcións tradicionais feitas en pedra que se usan para a pesca da lamprea. Cunhas dimensións aproximadas de 3 metros de alto por dous de longo, crese que a súa orixe remóntase á época romana e do século IX datan as concesións por parte da Igrexa para a súa explotación. Hoxe en día son os particulares quenes se ocupan da súa xestión.
A tempada de pesca deste peixe tan cobizado esténdese, maiormente, entre os meses de xaneiro a abril, e realízase pola noite. A súa captura faise a través de butróns, redes cilíndricas que se colocan nos ocos que deixan os bloques de pedra. O Concello de Padrón celebra neste mes de marzo de 2022 a oitava edición das Xornadas Gastronómicas da Lamprea.