LAVADOIRO DE PENISQUEIRA
[AGUIÑO/RIBEIRA]
Situado entre A Graña y Aguiño, este lavadoiro feito en granito foi levantado moi preto da costa ao carón da ría de Arousa. De planta rectangular, o perímetro está aproveitado completamente coa inclinación precisa para refregar a roupa. Érguese sobre a rocha e está rodeado por un muro perimetral feito en pedra que o protexe do vento nos días de temporal.
Os lavadoiros son construcións comunitarias que aproveitan as correntes de auga ou as fontes para ofrecer un servizo que ata ben empezado o século XIX se soía facer directamente dentro ou na beira dos ríos. Lavar a roupa era un traballo moi duro do que se ocupaban as mulleres, algunhas das cales traballaban como lavandeiras, polo que estes espazos considerábanse exclusivamente femininos e, polo tanto, punto de encontro social. Estas construcións popularizáronse tanto no rural, como nas cidades e vilas por motivos de hixiene e a súa edificación extendeuse ata a segunda metade do século XX, cando a auga corrente foi progresivamente chegando á maioría das vivendas. As lavandeiras recollían a roupa nas casas os días que tiñan acordados, ían a lavala ao río ou ao lavadoiro, poñíana a clareo na herba e cando a entregaban limpa, soíanse ocupar de recoller os restos de comida acumulados nas cociñas das casas, que posteriormente servían de alimento aos animais.