RECURSOS EN LIÑA PARA O COÑECEMENTO E DIFUSIÓN DA ARQUITECTURA FLUVIAL ETNOGRÁFICA NA PROVINCIA DA CORUÑA



Info.


O proxecto No curso da auga debate sobre o potencial do patrimonio arquitectónico etnográfico no bordo e no leito dos regatos e ríos da provincia da Coruña. Para tal fin, preséntase un inventario xeral de bens, no que se recollen ao redor de dous mil inmobles, do que, debido a súa alta densidade, destácase unha escolma presentada mediante fotografías e imaxes en movemento, acompañadas dun pequeno análise, así como da reacreación de composicións en 3D que contribúen a comprender a súa estrutura e a súa adecuación á contorna.

O obxectivo de resaltar esta selección de inmobles é facer fincapé na súa singularidade; no seu valor etnográfico e arquitectónico e na importancia da súa conservación e difusión, contribuíndo a evitar o seu deterioro ou a súa total desaparición. A toma de imaxes cun vehículo aéreo non tripulado pretende reforzar de xeito visual, cunha estética moi coidada, a idea principal do proxecto, é dicir, afondar no análise das arquitecturas etnográficas clasificadas en distintas tipoloxías (muíños e batáns, pesqueiras, fontes e lavadoiros) que se sitúan no ámbito de influencia das innumerables correntes fluviais, en como se adaptan ao territorio, condicionado polo discorrer da auga, ao tempo que se ofrece unha perspectiva novedosa para difundir o patrimonio neste tipo de iniciativas culturais.


Fotografías ︎︎︎ David García-Louzao















DESEÑO E CONCEPTO VISUAL: NOVAGARDA










FONTES DA BRUGA [2]
[XERMADE/TEO]

No bordo do río Ulla levantouse esta fonte, moi preto da ponte medieval de Pontevea, cun estanque semicircular. O único cano verte a auga ao depósito, que no extremo oposto conta cunha apertura aberta a unha canle estreita para conducir a auga. A día de hoxe esta fonte está rodeada por un espazo natural, incluido na Rede Natura 2000, no que abondan as árbores de ribeira, como ameneiros, salgueiros, freixos ou bidueiros, ademáis de sobreiras, carballos ou castiñeiros.




Cando aínda non había auga corrente nas vivendas, a tarefa cotiá de transportala estaba asignada ás mulleres. Moitas delas traballaron como augadoras ou selleiras, nome que fai referencia aos recipientes que empregaban para o traslado dende as fontes públicas aos domicilios. Era frecuente que ao redor de moitas das fontes e manciais xurdiran tradicións vinculadas a crenzas e supersticións, circunstancia aproveitada para construir santuarios cristiáns nas súas proximidades. Asimesmo, son frecuentes as lendas que falan dos personaxes míticos que habitan onde nace a auga, como as fadas ou as mouras.