FONTES DA BURGA [1]
[XERMADE/TEO]
No bordo do río Ulla levantouse esta fonte, coñecida como A Burga de Xermade, dun único cano que verte a un estanque realizado en pedra con planta circular onde se podían bañar as persoas. Este manancial de augas sulfurosas foi moi aprezado durante séculos para tratar problemas da pel, chegando xente de diversos puntos de Galicia. Preto levantouse unha casa de baños, cuxas ruinas hoxe forman parte dunha zona de ocio. A día de hoxe esta fonte está rodeada por un espazo natural, incluido na Rede Natura 2000, no que abondan as árbores de ribeira, como ameneiros, salgueiros, freixos ou bidueiros, ademáis de sobreiras, carballos ou castiñeiros.
Cando aínda non había auga corrente nas vivendas, a tarefa cotiá de transportala estaba asignada ás mulleres. Moitas delas traballaron como augadoras ou selleiras, nome que fai referencia aos recipientes que empregaban para o traslado dende as fontes públicas aos domicilios. Era frecuente que ao redor de moitas das fontes e manciais xurdiran tradicións vinculadas a crenzas e supersticións, circunstancia aproveitada para construir santuarios cristiáns nas súas proximidades. Asimesmo, son frecuentes as lendas que falan dos personaxes míticos que habitan onde nace a auga, como as fadas ou as mouras.