PESQUEIRAS DO ULLA [4]
[HERBÓN/PADRÓN]
As pesqueiras datan de época romana, gárdase documentación sobre as mesmas dende o século XI e aínda se conservan en dous dos principais ríos da provincia da Coruña, no Tambre e no Ulla. A día de hoxe son xestionadas polos veciños, pero séculos atrás outorgaban as licenzas de pesca dende o Cabido de Iria. Estas robustas estruturas conformadas por grandes bloques pétreos sitúanse perpendicularmente á corrente no leito dos ríos, cunha altura duns tres metros, deixando pasar a auga entre elas. Nos ocos que quedan entre elas, tamén chamados boquetes, dispóñense os aparellos de pesca coñecidos como cangalla ou butrón, unhas redes nas que se captura pola noite a lamprea, peixe que entre xaneiro e maio remonta dende o Atlántico a auga doce destes cauces coruñeses.
Ao longo do río Ulla hai varias zonas habilitadas para a pesca da lamprea, como son as pesqueiras de Herbón e Carcacía-Lapido, onde se contabilizan catorce, visitables seguindo a senda dos lampreeiros; a área do Xirimbao e a de Pontecesures, xa na parte final do río. Neste concello, as pesqueiras sustitúense polos baleiros, unha frota de barcos que captura este peixe grazas ao emprego de nasas ou butróns.