LAVADOIRO DE PORTOCELO
[VILAR DE ABAIXO/CAMARIÑAS]
Estrutura de pedra realizada a carón do chan, na beira dun camiño, con forma semicircular, onde se sitúan catro pedras de lavar cadradas labradas en granito. Recentemente acondicionado como espazo de ocio, este lavadoiro estaba ata 2021 cuberto pola vexetación, unha situación de abandono por falta do uso na que se atopa un gran número dos inmobles de arquitectura popular que se edificaron nos ríos e regatos galegos.
Os lavadoiros son construcións comunitarias que aproveitan as correntes de auga ou as fontes para ofrecer un servizo que ata ben empezado o século XIX se soía facer directamente dentro ou na beira dos ríos. Lavar a roupa era un traballo moi duro do que se ocupaban as mulleres, algunhas das cales traballaban como lavandeiras, polo que estes espazos considerábanse exclusivamente femininos e, polo tanto, punto de encontro social. Estas construcións popularizáronse tanto no rural, como nas cidades e vilas por motivos de hixiene e a súa edificación extendeuse ata a segunda metade do século XX, cando a auga corrente foi progresivamente chegando á maioría das vivendas. As lavandeiras recollían a roupa nas casas os días que tiñan acordados, ían a lavala ao río ou ao lavadoiro, poñíana a clareo na herba e cando a entregaban limpa, soíanse ocupar de recoller os restos de comida acumulados nas cociñas das casas, que posteriormente servían de alimento aos animais.