REGO DOS MUÍÑOS [1]
[CABANA DE BERGANTIÑOS]
Conxunto etnográfico constituído por 24 muíños situados na ladeira que coroa o Castro de Borneiro. Hoxe en día a contorna está acondicionada como roteiro, polo que é doado visitalos. Con planta rectangular e muros de cachotería, os inmobles que a conservan presentan cuberta a dúas augas rematada con tellas.
Os muíños proliferan polos regatos e ríos galegos, xa que constituían un recurso moi importante para as economías locais. Neles moíanse diversos tipos de cerais que se empregaban para a alimentación humana e a animal. Eran tamén un lugar de ocio para os veciños, que se poñían ao día das novas, ademáis de cantar estrofas con tramas que se desenvolvían nestes inmobles e na súa contorna. Hoxe en día, moitos destes inmobles están en estado ruinoso, na maioría absorbidos pola natureza. Son excepción algúns conxuntos restaurados ou rehabilitados como museos, vivendas ou establecementos hosteleiros.