LAVADOIRO DE ARTES
[RIBEIRA]
Construído nos anos 40 do pasado século, a corrente do río Artes articula esta estrutura rectangular nunha única pía duns 30 metros de lonxitude resgardada baixo árbores. Na súa recente restauración, realizada no 2021, a cargo do arquitecto Carlos Seoane, empregouse pedra de gra silvestre dunha canteira de Barbanza e adoquíns reciclados, recuperando este inmoble como un lugar de interacción social no que ao seu carón se alza unha bancada onde soían repousar as mulleres que acudían a lavar.
Os lavadoiros son construcións comunitarias que aproveitan as correntes de auga ou as fontes para ofrecer un servizo que ata ben empezado o século XIX se soía facer directamente dentro ou na beira dos ríos. Lavar a roupa era un traballo moi duro do que se ocupaban as mulleres, algunhas das cales traballaban como lavandeiras, polo que estes espazos considerábanse exclusivamente femininos e, polo tanto, punto de encontro social. Estas construcións popularizáronse tanto no rural, como nas cidades e vilas por motivos de hixiene e a súa edificación extendeuse ata a segunda metade do século XX, cando a auga corrente foi progresivamente chegando á maioría das vivendas. As lavandeiras recollían a roupa nas casas os días que tiñan acordados, ían a lavala ao río ou ao lavadoiro, poñíana a clareo na herba e cando a entregaban limpa, soíanse ocupar de recoller os restos de comida acumulados nas cociñas das casas, que posteriormente servían de alimento aos animais.